Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Carballeda de Valdeorras (expediente IN407A 2013/81-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT e RBT Lagúas-Sobradelo.

Situación: Carballeda de Valdeorras.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 390 m con condutor RHZ1 12/20 kV 3×150 AL, con orixe na LMT existente ao CT 32AD32 e remate no CT proxectado non prefabricado Lagúas-Sobradelo de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

LMT aérea a 20 kV de 71 m con condutor LA 56/54,6 mm2 con orixe na LMT existente ao CT 32AD32 e remate no poste proxectado CH-1000-11p da LMT ao CT 32AD32.

RBT aero-subterránea de 210 m en aéreo con condutor RZ e 30 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT proxectado Lagúas-Sobradelo.

Orzamento: 89.089,04 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 9 de xaneiro de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doníz
Xefe do Servizo de Administración Industrial