Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2014 Páx. 3876

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 20 de decembro de 2013, do director xeral de Agader, pola que se aproba o novo marco financeiro do programa Leader Galicia 2007-2013, cofinanciado con Feader, e se modifican as bases reguladoras para a selección de programas de desenvolvemento rural e para a selección e o recoñecemento de entidades colaboradoras na xestión do programa Leader Galicia 2007-2013, aprobadas polo Acordo do Consello de Dirección de Agader do 30 de maio de 2008.

Advertido erro na dita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 247, do 27 de decembro de 2013, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 50344, no primeiro punto da resolución, terceiro parágrafo, onde di: «O marco financeiro que agora se aproba consigna un menor importe na anualidade 2013; a parte non autorizada dos fondos retén o crédito ao tempo que establece os importes para as anualidades 2014 e 2015», debe dicir: «O marco financeiro que agora se aproba consigna un menor importe na anualidade 2013, na que se retén o crédito da parte non autorizada dos fondos, ao tempo que establece os importes para as anualidades 2014 e 2015».

Na páxina 50418, artigo 50.5, onde di: «Centros sociais e o seu acondicionamento e equipamento. Só serán subvencionables proxectos en centros de uso aberto á poboación en xeral, sendo a axuda máxima de 50.000 € por proxecto. Non serán subvencionables os investimentos en centros sociais»; suprímese a última frase: «Non serán subvencionables os investimentos en centros sociais».