Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2014 Páx. 3877

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2014 pola que se publican os convenios de colaboración asinados no terceiro cuadrimestre de 2013.

De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, publícase a relación dos convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no terceiro cuadrimestre de 2013 e que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2014

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data
da sinatura

Achega
de Agader

Agader e a entidade Intermax Technology, S.L.

Xestión de subvencións destinadas a garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite

10.9.2013

Sen achega económica

Agader, Fundación Juana de Vega e a Universidade de Santiago de Compostela

Realización do proxecto de propiedade, mobilidade da terra e valorización territorial

16.10.2013

80.000 €