Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2014 Páx. 3919

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (819/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 819/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Christopher Egharevba contra a empresa Talleres y Aplicacienes del Eume, S.L.U., administración concursal da empresa Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 747/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 819/2013.

Demandante: Christopher Egharevba.

Letrado: Sr. Martínez Ramonde.

Demandados:

– Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L.U.

– Administración concursal da empresa Talleres y Aplicaciones del Eume.

– Fogasa.

Sentenza 747/2013.

A Coruña, 30 de decembro de 2013.

Ditame:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Christopher Echarevba fronte á empresa Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L.U. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e acordo a extinción da relación laboral en data desta sentenza, e condeno a demandada a que lle aboe ao demandante a suma indemnizatoria de 3.232,52 euros.

2º. Estimo a demanda sobre reclamación de cantidade formulada por Christopher Echarevba fronte á empresa Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L.U. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle ao primeiro a suma de 2.508,57 euros por conceptos salariais debidos.

3º. Deberá pasar polo resolto nesta sentenza a administración concursal da empresa demandada.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L.U., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de decembro de 2013

A secretaria xudicial