Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2014 Páx. 3923

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (788/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 788/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Miguel Martín Llave contra a empresa David Branco Senra sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 739/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 788/2013.

Demandante: Luis Miguel Martín Llave.

Letrada: Sra. Erviti Álvarez.

Demandado: David Branco Senra (Cervecería O Paseo).

Sentenza nº 739/2013.

A Coruña, 30 de decembro de 2013.

Resolvo estimo a demanda sobre despedimento formulada por Luis Miguel Martín Llave fronte a David Branco Senra, e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e acordo a extinción da relación laboral con data desta sentenza, e condeno o demandado a que lle aboe ao demandante a suma indemnizatoria de 1.105,34 euros.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a David Branco Senra, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de decembro de 2013

A secretaria xudicial