Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2014 Páx. 3903

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 10 de xaneiro de 2014 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante unha Orde do 7 de novembro de 2013 (DOG nº 223, do 21 de novembro), e de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da citada convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se relaciona no anexo desta orde.

Segundo. O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo a praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión da praza adxudicada será de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que o adxudicatario obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles e computarase desde a data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle fosen concedidos ao interesado. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o funcionario, así como a daquel en que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase formular recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2014

P.D. (Orde do 25.1.2012)
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Apelidos e nome: Álvarez Flórez, Julio Jorge.

Nº de rexistro persoal: 7661939713 A0591.

Corpo ou escala: corpo de profesores técnicos de formación profesional.

Subgrupo: A2.

Posto de traballo: xefatura do Servizo de Orientación Profesional e Relación con Empresas.

Código: ED.601.00.002.15770.020.

Nivel: 28.

Centro directivo: Subdirección Xeral de Formación Profesional.

Localidade: Santiago de Compostela.