Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2014 Páx. 3905

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 15 de xaneiro de 2014 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante a Orde do 15 de outubro de 2013 (DOG nº 207, do 29 de outubro), e de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da citada convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, aos/ás funcionarios/as que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo. O cesamento no destino actual dos/das funcionarios/as que obtiveron a praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión das prazas adxudicadas será de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que os/as adxudicatarios/as obteñan coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles e computarase desde a data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lles fosen concedidos aos/ás interesados/as. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que causen baixa os/as funcionarios/as, así como a daquel en que obteñan praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase formular un recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2014

P.D. (Orde do 25.1.2012)
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Apelidos e nome: Sánchez Cabarcos, Margarita.

Nº de rexistro persoal: 3332897846 A0590.

Corpo ou escala: corpo de profesores de ensino secundario.

Subgrupo: A1.

Posto de traballo: xefatura do Servizo de Recursos Educativos Complementarios.

Código: ED.C99.10.000.27001.162.

Nivel: 28.

Centro directivo: Xefatura Territorial.

Localidade: Lugo.

Apelidos e nome: Rodríguez Mantiñán, Remigio Julio.

Nº de rexistro persoal: 3282336735 A2061.

Corpo ou escala: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de arquitectos.

Posto de traballo: xefatura do Servizo da Unidade Técnica.

Código: ED.C99.10.000.27001.190.

Nivel: 28.

Centro directivo: Xefatura Territorial.

Localidade: Lugo.