Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2014 Páx. 3907

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de varios postos vacantes de supervisor/a de unidade.

Por Resolución do 2 de setembro de 2013 (DOG nº 183, do 25 de setembro), convocáronse para a súa provisión, polo sistema de concurso de méritos, varios postos vacantes de supervisor/a de unidade.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo de actuación da comisión de avaliación a que se fai referencia na base sexta, e á vista dos méritos alegados e da defensa do proxecto técnico de xestión polos aspirantes, que constan nas actas da dita comisión,

Esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG nº 140, do 24 de xullo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Adxudicarlles os postos de traballo convocados aos aspirantes que obtiveron a maior puntuación nos termos previstos no anexo desta resolución.

Segundo. Os profesionais nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Terceiro. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada dos interesados, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. O aspirante nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño do posto por idéntico período de tempo ou proceder á súa remoción do posto de traballo. A remoción virá precedida dun procedemento que garanta a audiencia do interesado.

Unha comisión técnica designada conforme o previsto no artigo 14 da Orde do 24 de maio de 2006 avaliará fundamentalmente o cumprimento dos obxectivos da unidade.

Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 7 de xaneiro de 2014

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: supervisor/a da Unidade de Coidados Intensivos.

Nome e apelidos: Eva María Martínez Vázquez.

DNI: 44447579-X.

Posto: supervisor/a da Unidade de Coidados Intensivos Neonatais e Pediátricos.

Nome e apelidos: Ana María Bouza Fernández.

DNI: 44446151-P.

Posto: supervisor/a da Unidade de Urxencias.

Nome e apelidos: María Monserrat Rodríguez Rey.

DNI: 33297660-P.

Posto: supervisor/a da Unidade de Dixestivo.

Nome e apelidos: María Concepción Nogueiras Ferreiro.

DNI: 34979976-N.

Posto: supervisor/a da Unidade de Hospitalización a Domicilio.

Nome e apelidos: Nancy Marra Gil.

DNI: 34963936-A.