Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2014 Páx. 3951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Baralla (expediente IN407A 2013/44-2, 8128 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMT, CT Lauki.

Situación: concello de Baralla.

Características técnicas:

– LMTA núa a 20 kV a CT Lauki, consistente na instalación dun apoio tipo HV-13-630 na traza actual da liña, no cal se instalan o elemento de seccionamento e o paso aéreo a subterráneo.

– LMTS a CT Lauki, con orixe no paso aéreo a subterráneo situado no apoio proxectado tipo HV-13-630 e final no CT Lauki proxectado, cunha lonxitude de 110 metros en condutor tipo RHZ-150 mm.

– CT prefabricado Lauki, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 19 de decembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo