Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2014 Páx. 3777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2014, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes denominados Séptima e Chaos, solicitados a favor dos veciños dos lugares da Granxa, Faílde e Casardixo, da parroquia do Salto, do concello de Rodeiro, e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 19.11.2012, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común dos seguintes montes:

Concello: Rodeiro.

Parroquia: O Salto.

Nome do monte: Séptima.

Cabida: 24,90 ha aprox. (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: herdeiros de Daniel Pardo.

Sur: veciños de Mamoelas.

Leste: camiño público, herdeiros de Daniel Pardo, herdeiros de Jesús Diéguez, Manuel Varela González, herdeiros de Enrique Vázquez, Laura Diéguez Pallares, María Calviño, herdeiros de Javier Sánchez, herdeiros de Rudesinda Vázquez, Delmiro Rodríguez Vázquez e herdeiros de Bautista Diéguez.

Oeste: monte de Vilameá e monte de San Cristovo.

Nome do monte: Chaos.

Cabida: 3,81 ha aprox. (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: pista asfaltada.

Sur: herdeiros de Daniel Cuñarro.

Leste: veciños de Mamoelas, herdeiros de Enrique Vázquez, herdeiros de Laura Diéguez Pallares, herdeiros de Rudesinda Sánchez, Josefa Sánchez, Manuel García Sánchez, herdeiros de Daniel Cuñarro, camiño e Rogelio García Mariño.

Oeste: Hortensia Rodríguez, herdeiros de José González, José Vázquez Pardo, Mario Vázquez Lamazares, camiño, herdeiros de Daniel González, herdeiros de Enrique Vázquez e Manuel Lamazares.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para os efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poida examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación cos montes de referencia, así como presentar cantas alegacións, documentos ou información consideren convenientes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 13 de xaneiro de 2014

Enrique Martínez Chamorro
Instrutor