Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2014 Páx. 3390

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 31 de decembro de 2013 pola que se modifica, no relativo ás anualidades, a Orde do 5 de xuño de 2013 pola que se convocan para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva, axudas á realización de proxectos piloto cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca (FEP).

A Consellería do Medio Rural e do Mar publicou a Orde do 5 de xuño de 2013 que convocaba para 2013 as axudas para a realización de proxectos piloto (DOG número 114, do 17 de xuño) en virtude do Regulamento (CE) nº 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo, relativo ao Fondo Europeo de Pesca (FEP).

O artigo 2 da devandita orde establece o carácter plurianual destas axudas, de acordo co seguinte:

Anualidade 2013: 720.000 €.

Anualidade 2014: 1.700.000 €.

Anualidade 2015: 1.000.000 €.

Tendo en conta as especiais circunstancias que dificultaron a tramitación destas axudas e que a dotación actual das anualidades non se corresponde coa concesión das axudas prevista, cómpre reaxustar a dotación orzamentaria consignada inicialmente para a concesión das mencionadas axudas sen variar o importe total da orde.

Por todo isto, e de acordo co disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso da competencia que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modifícase o artigo 2, punto 1, da Orde do 5 de xuño de 2013, de convocatoria de axudas para o ano 2013 para a realización de proxectos piloto, que queda redactado como segue:

1. Para o ano 2013 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 12.30.723A.780.2 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para ese ano, cun importe máximo de 3.420.000 euros, distribuídos nas seguintes anualidades:

Anualidade 2013: 342.000 €.

Anualidade 2014: 1.900.000 €.

Anualidade 2015: 1.178.000 €.

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2013

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar