Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2014 Páx. 3456

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (33/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 33/2013 deste xulgado do Social, seguido por instancia de María Lourdes Ares Ramos contra a empresa Denim Sport Wear, S.L., Don Vaquero Sport Wear, S.L., José Manuel Rodríguez Gómez e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Lourdes Ares Ramos contra Denim Sport Wear, S.L. (anterior Don Vaquero Sport Wear, S.L.) e, en consecuencia, condeno a empresa a que lle aboe á demandante a cantidade de 2.434,92 euros, dos cales 2.242,34 euros devindicarán o xuro moratorio do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores, e a suma restante, 192,58 euros, o xuro do artigo 576 da LAC. Condénase o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións».

Advírtese o destinatario, a saber Denim Sport Wear, S.L., Don Vaquero Sport Wear, S.L., José Manuel Rodríguez Gómez, de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2013

A secretaria xudicial