Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2014 Páx. 3455

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (34/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 34/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diana Nogareda Fariña contra a empresa Denim Sport Wear, S.L., Don Vaquero Sport Wear, S.L., José Manuel Rodríguez Gómez e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Diana Nogareda Fariña contra Denim Sport Wear, S.L. (anterior Don Vaquero Sport Wear, S.L.) e, en consecuencia, condeno a empresa a que lle aboe á demandante 3.816,65 euros, suma da que devengará o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores a cantidade de 3.407,4 euros e a restante, 409,25 euros, o xuro do artigo 576 LEC. Condénase ao Fogasa a estar e pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Ley reguladora da xurisdición social.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Advírtese o destinatario, a saber Denim Sport Wear, S.L., Don Vaquero Sport Wear, S.L., José Manuel Rodríguez Gómez, de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2013

A secretaria xudicial