Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2014 Páx. 3457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a adxudicación e a formalización da contratación do contrato privado de seguro co obxecto de garantir a prestación sanitaria en caso de accidente deportivo con ocasión do exercicio da actividade deportiva en idade escolar dentro do programa Xogade durante o curso 2013/14 e do deporte federado en idade escolar, e indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais producidas por idénticas causas.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a adxudicación e a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral para o Deporte.

c) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19623

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: contrato privado de seguro (póliza) co obxecto de garantir a prestación sanitaria en caso de accidente deportivo con ocasión do exercicio da actividade deportiva en idade escolar dentro do programa Xogade durante o curso 2013/14 e do deporte federado en idade escolar (6 a 16 anos), e indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais producidas por idénticas causas.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 205, do 25 de outubro de 2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen impostos: 559.983,16 €.

Impostos: 40.016,84 €.

Importe total: 600.000,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 12 de decembro de 2013.

b) Contratista: Zurich Insurance PLC.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cincocentos corenta e nove mil novecentos cincuenta e seis euros con vinte e nove céntimos (549.956,29 €) sen impostos.

e) Data de formalización: 13 de decembro de 2013.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2014

Por desconcentración (Decreto 88/2013)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte