Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2014 Páx. 2274

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Terceira)

EDICTO (672/2011).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 672/2011.

Xulgado de orixe: autos: demanda 583/2010 Xulgado do Social número 3 de Pontevedra.

Recurrentes: María Carmen Amarante Madriñán, Cecilia Barros Otero.

Abogado: Fernando Peche Villaverde.

Recurridos: Servizo Público de Emprego Estatal, Creaciones Toypes, S.L., Alberto Novo, S.L.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 672/2011 desta sección, seguido por instancia de María Carmen Amarante Madriñán e outras contra Servizo Público de Emprego Estatal, Creaciones Toypes, S.L. y Alberto Novo, S.L., sobre desemprego, se ditou resolución coa seguinte parte dispositiva:

Que desestimamos o recurso de suplicación interposto por María del Carmen Amarante Madriñán e outras contra a sentenza do 30 de novembro de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra en autos número 583/2010, sobre desemprego contra o Servizo Público de Emprego Estatal, Alberto Novo, S.L. e Creaciones Toypes, S.L., resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Creaciones Toypes, S.L. e Alberto Novo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de decembro de 2013

A secretaria xudicial