Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2014 Páx. 2271

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (239/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 239/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Victoria Martínez Lago contra APV Motor, S.A., Millarent, S.L. e San Rent, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto con data do 17 de decembro de 2013 e decreto con data do 30 de decembro de 2013, cuxa parte dispositiva e do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto.

«Dispoño:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Victoria Martínez Lago, fronte a APV Motor, S.A., Millarent, S.L. e San Rent, S.L., parte executada, en forma solidaria, por importe de 30.089,62 euros de principal (19.842,09 euros de indemnización máis 10.247,53 euros de salarios e liquidación por vacacións máis 4.308,65 euros de salarios de tramitación), mais outros 3.008,97 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, mais 200 euros en concepto de honorarios do letrado da parte demandante.

Este auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, a executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, en que ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos orzamentos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade a súa constitución do título, a compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, aberta en Banco Español de Crédito, conta nº 0030 1846 42 0005001274, debendo indicar no campo concepto «Recurso» seguida do código «30 Social-Reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 Social-Reposición». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/A maxistrado/a xuíz/a O/A secretario/a xudicial».

E a parte dispositiva do decreto:

«Acordo acumular esta execución número 239/2013 á seguida nesta oficina xudicial co número 234/2013.

Lévese testemuño deste decreto á execución correspondente e o orixinal ao libro correspondente de decretos.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acordo e asino.

A secretaria xudicial».

Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a APV Motor, S.A., Millarent, S.L. e San Rent, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2013

A secretaria xudicial