Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle (Ourense).
Denominación: LMT, CT e RBT San Lázaro.
Situación: Ribadavia.
Características técnicas:
LMT subterránea a 20 kV de 187 m de lonxitude, con condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×150) mm2 e con orixe na LMT aérea existente (CAS803) ao CT Francelos (32C330) e remate no CT proxectado prefabricado San Lázaro de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V. RBT aerosubterránea de 210 m en aéreo con condutor RZ e 114 m en subterráneo con condutor XZ1, derivada do CT proxectado.
Orzamento: 70.805,88 euros.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense, no prazo de vinte días a partir da última publicación ou notificación individual.
É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben cando intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal ás dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.
Ourense, 18 de decembro de 2013
P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial
anexo
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expte. nº: 2013/76. Concello: Ribadavia. Provincia: Ourense.
LMT, CT e RBT San Lázaro.
Nº predio |
Lugar |
Cultivo |
Nome e apelidos, enderezo |
Afeccións (pleno dominio) |
2 |
Camiño baixada ao río |
Viña |
– Juan García Chousán r/ México, s/n, 36204 Vigo, Pontevedra |
CT caseta 24.0 m2 |