De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo, rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.
Lugo, 8 de xaneiro de 2014
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN635C 2013/114-2.
Interesada: Mª Luisa Figueira Yáñez.
Último domicilio coñecido: r/ Roberto Bahamonde, 25, Monforte de Lemos (Lugo).
Acto notificado: proposta de resolución.
Expediente: IN635C 2013/149-2.
Interesada: Comunidade de Propietarios.
Último domicilio coñecido: r/ Magnolia, 35, Lugo.
Acto notificado: acordo de incoación.
Expediente: IN635B 2013/189-2.
Interesado: Miguel Rodríguez Presa.
Último domicilio coñecido: r/ Fontes, 34-4º C, Lugo.
Acto notificado: resolución.