Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2014 Páx. 2282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato de xestión de servizo público, en réxime de concesión, para a explotación de forma integral do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica de San Cibrao de Las, en San Amaro-Punxín (Ourense).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19224

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 137, do 19 de xullo de 2013.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: xestión de servizos públicos en réxime de concesión, non suxeito a regulación harmonizada.

Descrición: xestión de servizo público, en réxime de concesión, para a explotación de forma integral do Paque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica de San Cibrao de Las, en San Amaro-Punxín (Ourense).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 603.305,79 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 27 de decembro de 2013.

b) Data da formalización do contrato: 27 de decembro de 2013.

c) Contratista: Espiral Xestión Cultural, S.L.

d) Importe de adxudicación: 543.842,98 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria