Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2014 Páx. 1981

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no terceiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2013 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2014

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

ANEXO

Convenio

Obxecto

Importe achegado polo Issga

Data
de sinatura

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e o Consello Galego de Colexios Veterinarios para a promoción e colaboración en actuacións de seguridade e saúde no traballo.

O establecemento de canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de investigación e información en prevención de riscos laborais e vixilancia da saúde do colectivo profesional de veterinarios de exercicio profesional por conta propia, co fin de mellorar as condicións de traballo deste sector, así como apoiar as actividades desenvolvidas polo CXCV de cara á mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, á redución dos riscos laborais, á investigación e ao fomento de novas formas de protección persoal ou colectivas e á promoción de estruturas eficaces de prevención no colectivo profesional de veterinarios na Comunidade Autónoma de Galicia.

0 €

4.10.2013