Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2014 Páx. 1982

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 15 de xaneiro de 2014 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de montes, convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007.

En virtude da Orde do 28 de decembro de 2007 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro de 2008) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de montes.

Pola Orde do 21 de xaneiro de 2010 (DOG núm. 17, do 27 de xaneiro) foron nomeados/as funcionarios/as da dita escala e adxudicáronselles destinos provisionais.

En atención a todo o exposto e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as funcionarios/as en destino provisional que figuran na Orde do 21 de xaneiro de 2010, pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de montes, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 22 de xaneiro de 2014, ás 10.00 horas.

Segundo. Os/as funcionarios/as convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde obtida no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Os/as funcionarios/as que pretendan optar aos postos para cuxo desempeño é preciso estar en posesión de coñecementos en sistemas de información xeográfica deberán presentar certificación acreditativa no acto de elección de destino. A dita certificación será expedida pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) logo de presentación dos diplomas ou títulos que xustifiquen a realización dos cursos de formación.

Os aspirantes da quenda de promoción interna terán en todo caso preferencia sobre os/as aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubrir as vacantes correspondentes.

Terceiro. Os/as funcionarios deberán ir provistos/as de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/ás funcionarios/as que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos aspirantes presentes ou representados/as, entre as que quedasen sen adxudicar.

Quinto. Exceptúanse do disposto no punto anterior os/as aspirantes que ocupen un posto ao cal fosen adscritos/as polo sistema de libre designación. Neste caso a incomparecencia ao acto implicará a opción por permanecer nese posto.

Sexto. Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados/as en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que presta servizos na actualidade.

Sétimo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Niv.

Grupo

Corpo/escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación requirida

Formación específica

Observacións

1

MAC050000115770025

25

A1

Especial

Unidade intervención ambiental I

MA

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

S. X. de Coordinación Ambiental

Santiago de Compostela

Enxeñaría superior

Experiencia inspección ambiental e coñecementos técnicas ambientais (mérito).

 

2

MAC050000115770029

25

A1

Especial

Unidade intervención ambiental V

MA

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

S. X. de Coordinación Ambiental

Santiago de Compostela

Enxeñaría superior

Experiencia inspección ambiental e coñecementos técnicas ambientais (mérito).

 

3

MAC050000115770031

25

A1

Especial

Unidade intervención ambiental VII

MA

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

S. X. de Coordinación Ambiental

Santiago de Compostela

Enxeñaría superior

Experiencia inspección ambiental e coñecementos técnicas ambientais (mérito).

 

4

MAC050000115770034

25

A1

Especial

Unidade intervención ambiental IX

MA

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

S. X. de Coordinación Ambiental

Santiago de Compostela

Enxeñaría superior

Experiencia inspección ambiental e coñecementos técnicas ambientais (mérito).

 

5

MAC991000027001007

20

A1

Especial

Posto base grupo A

MA

Servizos periféricos

Xefatura Territorial Lugo

Lugo

Enxeñaría de montes

 

 

6

MAC991000532001005

25

A1

Especial

Xefatura sección Xestión ambiental II

MA

Servizos periféricos

Servizo de Calidade Ambiental (Ourense)

Ourense

Enxeñaría superior

Experiencia xestión medioambiental (mérito).

 

7

MAO310000015770014

20

A1

Especial

Posto base subgrupo A1

MA

Instituto de Estudos do Territorio (IET)

Instituto de Estudos do Territorio

Santiago de Compostela

Enxeñaría agrónoma, enxeñaría de montes

Experiencia en proxectos de participación, e promoción e actividades formativas para a sustentabilidade e, concretamente nas axendas 21 (mérito).

 

8

MR3010000015770002

26

A1

Especial

Xefatura área técnica

MR

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

S. X. de Medio Rural e Montes

Santiago de Compostela

Enxeñaría de montes

Coñecementos de sistemas de información xeográfica (R.I.), coñecementos de técnicas forestais

 

9

MR3010000015770005

20

A1

Especial

Posto base subgrupo A1

MR

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

S. X. de Medio Rural e Montes

Santiago de Compostela

Enxeñaría de montes

 

 

10

MR3010000015770006

20

A1

Especial

Posto base grupo A

MR

Dirección Xeral de Montes

D. X. de Montes

Santiago de Compostela

Enxeñaría de montes

 

 

11

MR3010000015770007

20

A1

Especial

Posto base grupo A

MR

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

Santiago de Compostela

Enxeñaría de montes

 

 

12

MR3010000015770009

20

A1

Especial

Posto base grupo A

MR

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

Santiago de Compostela

Enxeñaría de montes

 

 

13

MR3010000115770003

25

A1

Especial

Xefatura sección de Supervisión e Control

MR

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

S. X. de Recursos Forestais

Santiago de Compostela

Enxeñaría de montes

 

 

14

MR3010000115770018

25

A1

Especial

Xefatura de sección de Xestión Ordenación de Montes

MR

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

S. X. Recursos Forestais

Santiago de Compostela

Enxeñaría de montes

 

 

15

MR3010000115770049

25

A1

Especial

Xefatura de sección do Sistema rexistral forestal

MR

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

S. X. Recursos Forestais

Santiago de Compostela

Enxeñaría de montes

 

 

15

MR3010000315770017

22

A1A2

Especial

Xefatura sección C

MR

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

S. X. de Formación e Transferencia Tecnolóxica

Santiago de Compostela

Enxeñaría de montes, enx. tecn.agrícola

 

 

17

MR3010000315770048

22

A1A2

Especial

Xefatura sección de Informes e Documentación

MR

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

S. X. de Formación e Transferencia Tecnolóxica

Santiago de Compostela

Enxeñaría de montes, enx. tecn.agrícola

Experiencia tratamento estatísticas.

 

18

MR3010030215120009

22

A1A2

Especial

Xefe secc. Form. e Exp. Agraria

MR

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (A Coruña)

Boqueixón

Enxeñaría agrónoma, enxeñaría de montes, enx. tecn.agrícola, enx. tecn.forestal

Experiencia en formación agraria.

Xornada especial

19

MRC991000015001015

20

A1

Especial

Posto base grupo A

MR

Servizos periféricos

Xefatura Territorial A Coruña

A Coruña

Enxeñaría de montes

 

 

20

MRC991000027001011

20

A1

Especial

Posto base subgrupo A1

MR

Servizos periféricos

Xefatura Territorial Lugo

Lugo

Enxeñaría de montes

 

 

21

MRC991000032001010

20

A1

Especial

Posto base grupo A

MR

Servizos periféricos

Xefatura Territorial Ourense

Ourense

Enxeñaría de montes

 

 

22

MRC991080132001010

20

A1

Especial

Técnico de apoio ao SPDCIF

MR

Servizos periféricos

Servizo de Prevencion e Defensa Contra Incendios Forestais (Ourense)

Ourense

Enxeñaría de montes

 

 

23

MRC991080136001010

20

A1

Especial

Técnico de apoio ao SPDCIF

MR

Servizos periféricos

Servizo de Prevencion e Defensa Contra Incendios Forestais (Pontevedra)

Pontevedra

Enxeñaría de montes