Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2014 Páx. 2014

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (135/2012).

Myriam de Mata Schick, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, fai saber que no presente procedemento, seguido por instancia de FCE Bank PLC sucursal en España (FCE Bank) fronte a George Daniel Antón se ditou sentenza, cuxa resolución é como segue:

«Resolución.

Que estimando integramente como estimo a demanda formulada pola representación procesual de FCE Bank PLC sucursal en España contra George Daniel Antón, debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de nove mil cento quince euros e setenta e sete céntimos (9.115,77 euros), que devindicará un xuro equivalente a 2,5 veces o xuro legal do diñeiro desde a interpelación xudicial e ata o seu completo pagamento.

Condénase a parte demandada ao pagamento das custas causadas neste procedemento.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación, que se interporá por escrito ante este xulgado dentro do prazo de vinte días contado desde o seguinte ao da súa notificación, e se resolverá ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o demandado, George Daniel Antón, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lalín, 3 de xuño de 2013

A secretaria xudicial