Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2014 Páx. 2037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2014 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto, tramitación urxente e anticipada de gasto, do servizo de aloxamento, soporte a usuarios e mantemento da Plataforma Tecnolóxica da Pesca (PTP) no ámbito de mar da Xunta de Galicia (expediente 10/2014).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 10/2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo de aloxamento externo, soporte a usuarios e mantemento da Plataforma Tecnolóxica da Pesca (PTP) no ámbito de mar da Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: si, 3.

Esta contratación está dividida en tres lotes:

– Lote 1: servizo de soporte, mantemento e atención a usuarios dos equipamentos e sistemas informáticos dos centros pesqueiros que teñen acceso e utilizan a PTP.

– Lote 2: servizo de mantemento dos desenvolvementos, aplicacións e servizos que conforman a PTP.

– Lote 3: aloxamento e mantemento en explotación (hosting) dos sistemas informáticos e as infraestruturas que dan soporte físico e telemático á PTP.

c) Prazo de execución: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será o seguinte, segundo os lotes:

– Lote 1: 24 meses contados a partir da data de formalización do contrato. Antes da súa finalización este contrato poderase prorrogar por mutuo acordo das partes por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente.

– Lote 2: 24 meses contados a partir da data de formalización do contrato. Antes da súa finalización este contrato poderase prorrogar por mutuo acordo das partes por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente.

– Lote 3: 12 meses contados a partir da data de formalización do contrato. Antes da súa finalización este contrato poderase prorrogar por mutuo acordo das partes por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 654.545,45 €, máis 137.454,54 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 791.999,99 €, distribuíndose nas seguintes anualidades segundo os lotes:

– Lote 1: soporte e atención a usuarios e mantemento dos equipamentos informáticos dos centros pesqueiros que teñen acceso e utilizan a PTP.

▪ 2014: 104.545,45 € + IVE (21.954,54 €) = 126.499,99 €.

▪ 2015: 157.024,80 € + IVE (32.975,21 €) = 190.000,01 €.

▪ 2016: 52.479,34 € + IVE (11.020,66 €) = 63.500,00 €.

Total: 314.049,59 € + IVE (65.950,41 €) = 380.000,00 €.

– Lote 2: servizo de mantemento dos desenvolvementos, aplicacións e servizos que conforman a PTP.

▪ 2014: 92.561,98 € + IVE (19.438,02 €) = 112.000,00 €.

▪ 2015: 155.371,90 € + IVE (32.628,10 €) = 188.000,00 €.

▪ 2016: 62.809,92 € + IVE (13.190,08 €) = 76.000,00 €.

Total: 310.743,80 € + IVE (65.256,20 €) = 376.000,00 €.

– Lote 3: aloxamento e mantemento en explotación (hosting) dos sistemas informáticos e as infraestruturas que dan soporte físico e telemático á PTP.

▪ 2014: 19.008,26 € + IVE (3.991,73 €) = 22.999,99 €.

▪ 2015: 10.743,80 € + IVE (2.256,20 €) = 13.000,00 €.

Total: 29.752,06 € + IVE (6.247,93 €) = 35.999,99 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20067

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 17.2.2014.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Enderezo: Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíen por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: o lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 8.1.2014.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia