Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2014 Páx. 2041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2014 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, do servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades en sistemas de información nos ámbitos de educación e benestar da Xunta de Galicia (expediente 09/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 09/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades en sistemas de información nos ámbitos de educación e benestar da Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: si, 2.

Esta contratación está dividida en dous lotes:

• Lote 1: sistemas de información da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

• Lote 2: sistemas de información da Consellería de Traballo e Benestar.

c) Prazo de execución: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses contados a partir do 16.6.2014 para o lote 1 e a partir do 1.4.2014 para o lote 2, ou ben da data de formalización dos respectivos contratos de cada lote se estes se formalizasen con posterioridade a estas datas.

Antes da súa finalización estes contratos poderanse prorrogar por mutuo acordo das partes por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 907.224,84 €, máis 190.517,22 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.097.742,06 €, distribuíndose nas seguintes anualidades segundo os lotes:

Lote 1: sistemas de información da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

• 2014: 214.870,00 € + IVE (45.122,70 €) = 259.992,70 €.

• 2015: 394.108,29 € + IVE (82.762,74 €) = 476.871,03 €.

• 2016: 179.238,29 € + IVE (37.640,04 €) = 216.878,33 €.

  Total: 788.216,58 € + IVE (165.525,48 €) = 953.742,06 €.

Lote 2: sistemas de información da Consellería de Traballo e Benestar.

• 2014: 44.628,10 € + IVE (9.371,90 €) = 54.000,00 €.

• 2015: 59.504,13 € + IVE (12.495,87 €) = 72.000,00 €.

• 2016: 14.876,03 € + IVE (3.123,97 €) = 18.000,00 €.

  Total: 119.008,26 € + IVE (24.991,74 €) = 144.000,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20066

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 17.2.2014.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Enderezo: Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: o lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 8.1.2014.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia