Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2014 Páx. 2045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2014 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto, tramitación urxente e anticipada de gasto, do servizo para o desenvolvemento evolutivo do sistema de gravación de vistas orais eFidelius, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo POEC 2007-2013 (expediente 02/2014).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 02/2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades no sistema de gravación de vistas orais eFidelius v5, así como garantir o uso efectivo da versión actualmente en produción en distintos órganos xudiciais, para a súa posta á disposición a todas as administracións competentes en materia de xustiza.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 18 meses contados a partir da data de formalización do contrato. Antes da súa finalización, este contrato poderase prorrogar por mutuo acordo das partes por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 415.401,00 €, máis 87.234,21 € que corresponden ao IVE (21 %), que supón un total de 502.635,21 €, distribuíndose nas seguintes anualidades:

– 2014: 333.345,17 €+ IVE (70.002,49 €)= 403.347,66 €.

– 2015: 82.055,83 € + IVE (17.231,72 €)= 99.287,55 €.

Este proxecto poderá ser financiado nun 80 % co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo POEC 2007-2013.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20065

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 17.2.2014.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Enderezo: Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: o lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 8.1.2014.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia