Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2014 Páx. 1869

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3513/2011).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 3513/2011 desta sección, seguido por instancia de Iván Viejo Martínez contra a empresa Industrias de la Madera Cubeiro, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a mutua universal Mugenat, sobre accidente de grao, se ditou resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación interposto por Iván Viejo Martínez contra a sentenza do 16 de marzo de 2011, do Xulgado do Social número 2 da Coruña, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra a entidade mercantil Industrias de la Madera Cubeiro, S.L., a mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social, Universal Mugenat, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a sala confírmaa integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Industrias de la Madera Cubeiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de decembro de 2013

A secretaria xudicial