Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2014 Páx. 1868

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1976/2011).

Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 1976/2011 desta sección, seguido por instancia de Luis Carlos De Sousa Ferreira e outros contra a empresa Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Movex Vial, S.L., Xestión Alquileres Construcción Xealco, S.L., AXA Seguros Generales, S.A., Gagopiedra, S.L., sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

A sala acorda:

Procede rectificar/aclarar a sentenza recaída nos presentes autos no sentido solicitado pola compañía condenada AXA Seguros Generales, S.A., de modo que na resolución da sentenza, en lugar de dicir: «incrementando a indemnización fixada nos xuros do 20 % respecto da Compañía AXA», debe dicir: «incrementando a indemnización fixada nos xuros do artigo 20.4º da LCS respecto da Compañía AXA».

Contra este auto non cabe ningún recurso, salvo os que procedan contra a sentencia de que dimana este auto.

Así, por este auto, o acordan, mandan e asinan comigo, secretaria da sala, que dou fe.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Gagopiedra, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 2 de decembro de 2013

A secretaria xudicial