Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2014 Páx. 1879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica nos concellos de Carballo e A Laracha (expediente IN407A 2013/193).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha,S.L.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 19, 1º D, 15004 A Coruña.

Denominación: soterramento de infraestruturas eléctricas na Piña.

Situación: Carballo e A Laracha.

Características técnicas:

Treito de liña de media tensión subterránea en condutor de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV, 3(1×240 Al), que terá o seu inicio no paso de aéreo a subterráneo que se realizará no apoio nº 44 existente de tipo CH-13/2.500 da LMT Marfulo-A Piña (expediente 34.440) e finalizará nunha cela de liña para instalar no novo CT A Piña proxectado. A lonxitude total deste treito de liña será de 138 metros.

Treito de liña de media tensión subterránea en condutor de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV, 3(1×240 Al), que terá o seu inicio nunha cela de liña que se instalará no novo CT A Piña proxectado, e finalizará no paso de subterráneo a aéreo que se realizará no apoio nº 46 existente que se substituirá por novo apoio de tipo C-16/4.500 da LMT Marfulo-A Piña (expediente 34.440). A lonxitude total deste treito de liña será de 161 metros.

Treito de liña de media tensión subterránea en condutor de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV, 3(1×240 Al), que terá o seu inicio nunha cela de liña que se instalará no novo CT A Piña proxectado, e finalizará no paso de subterráneo a aéreo que se realizará no apoio nº 2 existente que se substituirá por novo apoio de tipo C-16/2.000 da LMT a CT Guitoi (expediente 51.644). A lonxitude total deste treito de liña será de 61 metros.

Novo centro de transformación tipo PFU-4, con transformador de 100 kVA, situado nunha parcela con acceso desde vía pública. Instalaranse tres celas de liña e unha cela de protección para o transformador de 100 kVA proxectado, todas elas con illamento en SF6. Este centro de transformación substituirá o existente de tipo pé de poste (expediente 147/2008) situado na mesma parcela.

Tres saídas de BT subterráneas do novo CT A Piña proxectado, en condutores de tipo RV-0,6/1 kV, 4(1×240 Al) e RV-0,6/1 kV, 4(1×50 Al), para realizar o enlace coa rede de baixa tensión aérea existente, sendo a súa lonxitude total de 350 metros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

De acordo co establecido no Real decreto 222/2008, do 15 de febreiro, polo que se establece o réxime retributivo da actividade de distribución da enerxía eléctrica, as instalacións financiadas por terceiros non devindicarán retribución por investimento.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 20 de decembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña