Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2014 Páx. 1881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Gudiña (expediente IN407A 2013/43-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: adecuación paso caseta-aéreo 32AJG7 expediente nº 2382 AT.

Situación: A Gudiña.

Características técnicas:

LMT aérea a 15 kV de 24 m con condutor LA/56 e orixe na LMT do expediente 2382 AT e remate no CT aéreo proxectado de 100 kVA Cañizo 1 (32AJG7) e R/T 15.000/400-230 V.

Orzamento: 15.512,64 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e/ou autorizacións que sexan precisas, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordención do territorio e ao ambiente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Ourense, 26 de decembro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María Dolores Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas