Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2014 Páx. 1889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013283TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 4 de decembro de 2013, a xefa territorial da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador 2013283TA-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Miguel Rodríguez Sixto, con NIF 35324921A, como titular do establecemento Avalon Net Café.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Miguel Rodríguez Sixto, como titular do establecemento Avalon Net Café, o contido da referida resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o/a asiste para presentar recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novacaixagalicia), do BBVA transacción 1316 NIF S1511001H e do Banesto, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 18 de decembro de 2013

P.A. (Resolución do 3.7.2009)
Rosa Agrasar Muíños
Xefa do Servizo de Xestión

ANEXO

Número de expediente: 2013283TA-PO.

Denunciado: Miguel Rodríguez Sixto, con NIF 35324921A, como titular do establecemento Avalon Net Café.

Último enderezo coñecido: rúa Santa Clara, núm. 29, baixo, 36002 Pontevedra.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

Artigo 4. A venda e a subministración a través de máquinas expendedoras realizarase de acordo coas seguintes condicións:

– c) Advertencia sanitaria: na superficie frontal das máquinas figurará, de forma clara e visible, en castelán e nas linguas cooficiais das comunidades autónomas, unha advertencia sanitaria sobre os prexuízos para a saúde derivados do uso do tabaco, especialmente para os menores.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.c) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: setenta e cinco euros (75 €).