Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2014 Páx. 1887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 13 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013231TA-PO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 20 de novembro de 2013, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2013231TA-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a MSP A Goulla, S.L. (Club Revelación).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a MSP A Goulla, S.L. (Club Revelación) o contido da referida resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o/a asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e obter, de ser o caso, copia, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novagalicia Banco); en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2013231TA-PO.

Denunciada: MSP A Goulla, S.L. (Club Revelación).

DNI/CIF: B94032455.

Último enderezo coñecido: lugar de Tarrío, núm. 45, 36620 Caleiro, Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: artigos 7.u); 19.3.b) e 20.1 da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE nº 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE nº 318, do 31 de decembro).

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 676 €.