Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2014 Páx. 1840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Mesía (expediente IN407A 2013/194).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Udesa.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: subestación transformadora Visantoña.

Situación: concello de Mesía.

Características técnicas:

Subestación transformadora 66/15 kV, tecnoloxía intemperie tradicional (AIS), con dobre seccionador, implementada con equipamentos de exterior onde o corte se realiza baixo atmosfera SF6 e os demais equipamentos posuirán illamento ao aire entre fases:

Dúas posicións de liña 66 kV.

Unha posición de transformación 66 kV.

Un sistema de barra simple.

Un sistema de medida de tensión en barras.

Un transformador de potencia de 15 mVA (ONAN).

Edificio de control onde se albergarán os equipamentos de control, protección, medida e comunicacións.

Celas primarias 20 kV: 1 de trafo, 8 de liña, 1 de medida e 1 de servizos auxiliares.

Liña aérea DC 66 kV en condutor A-180 e fibra óptica OPGW-48, dunha lonxitude de 30 metros, coa orixe no apoio existente de LAT DC 220-66 kV Mesón-Teixeiro e final no pórtico da subestación proxectada.

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 54 da Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre eles, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 3 de decembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados do termo municipal de Mesía

Propietario

Nº predio proxecto

Polígono

Parcela

Concello

Cultivo

Lugar

Afección pleno dominio

Herdeiros de Ramón Moar Lata. Rpte.: Isabel Moar Gil

1

511

459

Mesía

Monte alto/monte baixo

Revolta de Outruda

Superficie 10.560 m2