Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2014 Páx. 1839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ponte Caldelas (expediente IN407A 2013/263-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.-Elemol.

Domicilio social: avenida de Pontevedra, 14, baixo, 36820 Ponte Caldelas.

Denominación: reforma e ampliación potencia do CT Ponte 1.

Situación: Ponte Caldelas.

Características técnicas: instalación no centro de transformación Ponte 1, de dous transformadores de 630 kVA cada un, con RT 20 kV/420 V e dúas celas de liña e dúas de protección. A instalación está situada en Ponte Caldelas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 27 de novembro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra