Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2014 Páx. 1842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 180/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT avda. de Lugo, 87-89.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 15 m, con condutor tipo RHZ1-2 OL 12/20 kV 3 (1×240) mm² Al, con orixe e final na arqueta proxectada na LMTS entre o CT Consello de Contas (expediente 52617), e o CT Bernardo Barreiro (expediente IN407A 2003/177).

Centro de transformación (CT) non prefabricado, con transformador de potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20/0,400-0,230 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 19 de decembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña