Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2014 Páx. 1630

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (836/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 836/2011, por instancia de Miguel Villar Sánchez contra Visantel, S.L. e Fogasa sobre procedemento ordinario, en que recaeu auto de aclaración con data do 19.12.2013 que, copiado nos particulares necesarios, di así:

Auto.

Maxistrado xuíz, Nicolás Emilio Pita Lloveres.

A Coruña, 19 de decembro de 2013

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que con data do 25.10.2013 se ditou sentenza nos presentes autos, pola que se estimaba a demanda interposta por Miguel Villar Sánchez.

Segundo. Que a representación da parte demandante presentou escrito en que solicitaba aclaración da sentenza en canto aos particulares que se especifican en tal escrito.

Fundamentos de dereito.

Único. De conformidade co que establece o artigo 267 da Lei orgánica do poder xudicial, que dispón: «Os xuíces e tribunais non poderán variar as sentenzas e os autos definitivos que pronuncien despois de asinados, pero si aclarar algún concepto escuro ou suplir calquera omisión que conteñan. Os erros materiais manifestos e os aritméticos poderán ser rectificados en calquera momento. Estas aclaracións ou rectificacións poderanse facer de oficio dentro do día hábil seguinte ao da publicación da sentenza, por instancia de parte ou do Ministerio Fiscal».

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Parte dispositiva.

É procedente a aclaración solicitada.

E, en consecuencia, o feito probado terceiro quedará do teor literal seguinte:

O demandante reclama a cantidade de 9.231,85 euros en concepto de nómina do mes de xuño, así como atrasos dos anos 2010 e 2011 e vacacións.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O maxistrado xuíz A secretaria xudicial

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Visantel, S.L., expido e asino este auto.

A Coruña, 20 de decembro de 2013

A secretaria xudicial