Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2014 Páx. 1627

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4910/2011).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4910/2011 desta sección, seguido por instancia de Asepeyo, Mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151 contra a empresa, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola demandada Mutua Asepeyo, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense, nestes autos sobre invalidez derivada de accidente de traballo, promovidos polo demandante Manuel José Nieto Forneiro fronte á mutua recorrente e aos tamén demandados Instituto Nacional da Seguridade Social e a empresa Axialsoft, S.L., debemos confirmar e confirmamos esa sentenza, con imposición á mutua recorrente das custas causadas polo seu recurso, que incluirán a cantidade de 300 euros en concepto de honorarios do letrado da parte impugnante.

Déase aos depósitos constituídos o destino legal.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto no artigo 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia de Barcelona, co fin de que sirva de notificación en forma a Axialsoft, S.L. e Christian Herrera Petrus, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de decembro de 2013

A secretaria xudicial