Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2014 Páx. 1674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación do servizo de xestión, transporte, tratamento e eliminación de residuos, mediante procedemento aberto, multicriterio, tramitación ordinaria e anticipado de gastos (AB-EIP1-14-001).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: avenida de Vigo, 16.

3) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4) Teléfono: 986 88 51 33.

5) Telefax: 986 88 58 85.

6) Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-14-001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de xestión, transporte, tratamento e eliminación de residuos dos hospitais Montecelo, Provincial, O Salnés, C.E. Mollavao e centros relacionados no anexo V do prego de cláusulas administrativas.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: 4.

d) Lugar de execución/entrega: hospitais Provincial, Montecelo, O Salnés, C.E. Mollavao e centros relacionados no anexo V.

1) Domicilio: r/ Loureiro Crespo, nº 2; Mourente, s/n, Montecelo e rúa Hospital do Salnés, nº 30, r/ Simón Bolívar, s/n e relacionados no anexo V.

2) Localidade e código postal: Pontevedra. 36001, 36071, 36616, 36003 e relacionados no anexo V.

e) Prazo de execución/entrega: 6 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90513000-6, 90520000-8, 90524400-0 e 44613800-8.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gastos.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 459.789,84 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 153.263,28 €. Importe total: 172.400,28 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, rematará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2. Domicilio: r/ Loureiro Crespo, 2.

3. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C e darase lectura ás propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

d) Data e hora: a data e a hora da apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario ou adxudicatarios. O importe estimado máximo, salvo revisión tarifas, no DOG é de 5,42 €/liña (se é urxente, 10,84 €/liña).

Pontevedra, 12 de decembro de 2013

Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012)
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés