Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2014 Páx. 1678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato de adquisición, almacenamento, xestión e distribución da subministración sucesiva de paquetes preventivos de inxección hixiénica para usuarios de drogas inxectadas (UDI) (MS-CON1-13-023).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: MS-CON1-13-023.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición, almacenamento, xestión e distribución da subministración sucesiva de paquetes preventivos de inxección hixiénica para usuarios de drogas inxectadas (UDI).

c) Lotes (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33141310-6.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 184.992 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 77.080 euros. Importe total: 84.796,80 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29.11.2013.

b) Data de formalización do contrato: 3.12.2013.

c) Contratista: Oiarso S. Cooperativa Bexenmedical.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 76.560 euros. Importe total: 84.216 euros.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos