Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2014 Páx. 1577

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 14 de xaneiro de 2014 pola que se establecen os servizos mínimos que se prestarán durante a folga convocada na empresa Arriva Noroeste, S.L. para os días 16, 17, 23, 24, 30 e 31 de xaneiro de 2014.

O exercicio da folga por parte dos traballadores para a lexítima defensa dos seus intereses é un dereito fundamental recoñecido pola Constitución no seu artigo 28.2. O seu respecto e protección resulta esencial para o correcto funcionamento dun estado democrático, en que se deben garantir todos os mecanismos de expresión da soberanía popular. Non obstante o anterior, o exercicio dese dereito debe cohonestarse co respecto ao resto de dereitos constitucionalmente establecidos e coa garantía de acceso da comunidade aos servizos considerados esenciais.

No sector do transporte, os servizos que se prestan representan un carácter esencial para a cidadanía en canto que supoñen unha ferramenta básica para o exercicio doutros dereitos como os de libre circulación dentro do territorio nacional (artigo 19 da Constitución), a educación (artigo 27) e o traballo (artigo 35). Desta maneira, a garantía dunha mínima mobilidade da cidadanía durante a xornada de folga convértese nunha demanda do interese xeral que debe ser atendida pola Administración no ámbito das competencias que ten atribuídas.

Os sindicatos Comisións Obreiras (CC.OO.) e Confederación Intersindical Galega (CIG) comunicaron a convocatoria de folga na empresa Arriva Noroeste, S.L. para os días 16, 17, 23, 24, 30 e 31 de xaneiro de 2014. A folga afectará todos os centros de traballo da empresa e todos os traballadores, e estenderase entre as 0.00 e as 24.00 horas dos días indicados.

Así pois, a concreción dos servizos mínimos que deben observarse durante as xornadas de folga debe efectuarse, e así se fai nesta orde, tomando en consideración a posible afección que a tipoloxía da convocatoria representa naqueloutros dereitos afectados. Nese sentido, e de conformidade co Decreto 61/1985, do 18 de abril, deben configurarse uns servizos mínimos que permitan compaxinar o dereito á folga dos traballadores co mantemento dos servizos esenciais.

Na súa virtude, por proposta da Dirección Xeral de Mobilidade e oído o Comité de Folga,

DISPOÑO:

Artigo único. Servizos mínimos

Durante a folga convocada polos sindicatos Comisións Obreiras (CC.OO.) e Confederación Intersindical Galega (CIG) na empresa Arriva Noroeste, S.L. entre as 0.00 e as 24.00 horas dos días 16, 17, 23, 24, 30 e 31 de xaneiro de 2014 terán a consideración de servizos mínimos os que se relacionan a seguir:

A) Contratos de servizo público de transporte de viaxeiros:

Contrato: V-7068; XG-442.

Contratista: Arriva Noroeste, S.L.

Aguiño-Ribeira-Boiro-Rianxo-Santiago de Compostela.

• Saída de Aguiño: 6.50 h (enlace en Boiro).

• Saída Boiro: 7.30 h.

• Saída de Santiago de Compostela: 18.00 h.

Ribeira-Boiro-Araño-Santiago de Compostela.

• Saída de Ribeira: 8.00 (enlace en Boiro) e 19.00 h.

• Saída Boiro: 8.30 h.

• Saída de Santiago de Compostela: 8.00 e 21.00 h.

Ferrol-A Coruña por autoestrada.

• Saída de Ferrol: 7.30 e 18.30 h.

• Saída da Coruña: 8.30 e 19.30 h.

Ferrol-A Coruña (polas Pías)-A Gallada e Betanzos.

• Saída de Ferrol: 7.00 (O Pedrido) e 19.00 h.

• Saída da Coruña: 9.00 e 21.00 h.

Ferrol-A Coruña (por Neda, A Gallada e O Pedrido).

• Saída de Ferrol: 8.00 e 18.00 h.

• Saída da Coruña: 8.00 e 20.00 h.

Ferrol-Mugardos.

• Saída de Ferrol: 8.00 e 18.00 h.

Ferrol-Ares.

• Saída de Ferrol: 19.30 h.

• Saída de Ares: 7.50 h.

Ferrol-Ares-Mugardos.

• Saída de Mugardos por Ares: 8.30 e 18.35 h.

• Saída de Ares por Mugardos: 19.55 h.

Chanteiro-Ferrol.

• Saída de Chanteiro: 7.30 h.

A Coruña-Ourense por Melide.

• Saída da Coruña: 19.00 h.

• Saída de Ourense: 8.00 h.

A Coruña-Betanzos.

• Saída da Coruña: 7.00 (plg. Bergondo), 8.30, 18.30 e 20.30 h.

• Saída de Betanzos: 7.00, 8.00, 19.30 e 21.30 h.

A Coruña-Viveiro polas Pontes de García Rodríguez.

• Saída da Coruña: 18.00 h.

• Saída de Viveiro: 6.50 h.

Contrato: V-7069; XG-443.

Contatista: Arriva Noroeste, S.L.

Lugo-A Coruña por N-VI ou autoestrada.

• Saída de Lugo: 8.10 e 21.05 h.

• Saída da Coruña: 6.30 (autoestrada) e 19.00 h.

Ribadeo-Lugo por Meira.

• Saída de Ribadeo: 6.45 h.

• Saída de Lugo: 19.00 h.

Lugo-Viveiro por Gaibor, Vilalba e Foz.

• Saída de Viveiro: 7.30 h.

• Saída de Lugo: 18.15 h.

B) Servizos de uso especial para transporte de escolares: manteranse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde ás 7.30 ata as 10.00 horas e os de saída desde as 13.00 ás 18.30 horas nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio, cuxa lonxitude total sexa superior a 4 km.

Para os servizos de transporte a alumnado de centros de educación especial considéranse esenciais todos os itinerarios existentes nos horarios habituais.

C) Servizos de uso especial para transporte de traballadores: co fin de garantir o acceso e a saída dos postos de traballo naqueles servizos de carácter interurbano en que a ausencia dunha previsión mínima crebaría toda posibilidade de acceso ao traballo, propóñense como mínimos todos os servizos nas expedicións anteriores ás 9.00 horas e posteriores ás 18.00 horas.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2014

Agustín Hernández-Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas