Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2014 Páx. 1568

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Soutomaior

ANUNCIO de publicación da sentenza do procedemento ordinario 4151/2006.

En cumprimento do Auto da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 28 de novembro de 2013, no cal se lle ordena a este concello a publicación, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia, da sentenza firme ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario 4151/2006 interposto por Mónica Rivas Luis e María Portas de la Iglesia contra o acordo de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan especial do peirao de Arcade, adoptado polo Pleno do Concello de Soutomaior o 28.12.2005, así como contra o acordo da Comisión Provincial de Urbanismo, do 22.1.1990, que aprobou o Acordo plenario do 15.12.1989, de aprobación do plan especial, esta administración acorda a remisión da resolución para a súa publicación:

«No recurso contencioso-administrativo 4151/2006 que pende de resolución nesta sala, interposto por Mónica Rivas Luis e María Portas de la Iglesia,

Resolvemos:

Estimar en parte o recurso contencioso-administrativo interposto polo representante procesual de Mónica Rivas Luis e María Portas de la Iglesia contra o Acordo plenatio do Concello de Soutomaior, do 28.12.2005, que aprobou a modificación puntual do Plan especial do peirao de Arcade, así como contra o Acordo da Comisión Provincial de Urbanismo, do 22.1.1990, que aprobou o Acordo plenario do 15.12.89, aprobatorio do dito plan especial e, en consecuencia, anulamos o primeiro acordo citado, por non ser conforme dereito. Non facemos condena en custas.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Soutomaior, 20 de decembro de 2013

Agustín Reguera Ocampo
Alcalde