Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2014 Páx. 1567

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz-Balneario

ANUNCIO de información pública (expediente 822/2013).

Sométese a información pública o expediente 822/2013, tramitado por instancia de Promotora Chan de Gándara, S.L. para a instalación dun depósito de gas propano no lugar de Chan de Gándara deste concello. De conformidade co punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de vinte días, que se contarán a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente estará á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e presentar, de ser o caso, as alegacións e observacións que consideren conveniente.

Mondariz-Balneario, 19 de decembro de 2013

José Antonio Lorenzo Rodríguez
Alcalde