Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2014 Páx. 1566

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO de información pública sobre centro de transferencia de residuos no polígono industrial Curtis-Teixeiro.

Angelsa 2012, S.L. solicitou licenza de obra e actividade para un centro de transferencia de residuos que se instalará na rúa Aranga, parcela D-38, do polígono industrial de Curtis-Teixeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese este expediente ao trámite de información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo (que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción deste anuncio no BOP ou no DOG) as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende realizar poidan examinar o expediente e formular as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Teixeiro, 18 de decembro de 2013

Javier Francisco Caínzos Vázquez
Alcalde