Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2014 Páx. 1565

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO de información pública sobre nave de explotación, fosa de xurro, reforma e ampliación de zona de recría no Pedo (Santa Cristina).

Pablo Carreiras Pérez, en representación de Ganadería Carreiras S.C., solicitou licenza municipal para a instalación da actividade de nave explotación, fosa de xurro, reforma e ampliación de zona de recría (modificación segundo anexo visado número 538, do 4.9.2013), sometida a avaliación de incidencia ambiental, que se desenvolverá no lugar do Pedo da parroquia de Santa Cristina deste termo municipal, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, por un período de vinte días, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación, para que todos aqueles que se consideren afectados pola dita actividade poidan examinar o expediente, que se atopa á súa disposición na Secretaría municipal, e formulen por escrito reclamacións ou observacións se o consideran oportuno.

Cospeito, 10 de decembro de 2013

Fernando Carballeira Rábade
Alcalde en funcións