Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2014 Páx. 1528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 23 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se notifica á persoa interesada a resolución dun expediente tramitado ao abeiro da Resolución do 20 de maio de 2013 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo a resolución do expediente de axuda extraordinaria a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992 xa citada e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O correspondente expediente consta no Servizo de Planificación e Xestión de Programas da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela, sita na rúa dos Basquiños, nº 2.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2013

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Expediente: PR905A 2013/96-0.

Interesado: Lowis Andrés Moreno Pena.

Acto notificado: Resolución do 3 de decembro de 2013 pola que se acepta a desistencia presentada polo interesado, se declara concluso o procedemento e se arquiva sen máis trámites.