Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2014 Páx. 1529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 23 de decembro de 2013 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento de dous lotes de inmobles situados nos concellos de Pontevedra e A Estrada.

Mediante as ordes desta Consellería de Facenda do 22 de maio e do 20 de novembro de 2012 foi autorizado o alleamento, mediante poxa, duns inmobles situados nos concellos de Pontevedra e A Estrada.

Logo de publicarse o 13 de novembro de 2013 no Diario Oficial de Galicia, número 217, e nun xornal de ampla difusión (La Voz de Galicia do mesmo día), o Anuncio do 25 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento dos citados inmobles, tivo lugar o 11 de decembro de 2013 a poxa pública anunciada, polo que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar as seguintes adxudicacións:

1. A Redinor, S.L., polo prezo de 250.377,72 euros, en terceira poxa, o local descrito como número un-bis. Baixo para usos comerciais, situado na planta baixa do edificio en Pontevedra, na rúa de nova apertura (inicialmente denominada travesía de Padre Amoedo) sen número (actualmente rúa Cruz Vermella, nº 9). Ocupa unha superficie de 880 m2. Está constituído por unha nave sen dividir. Linda polo frente, travesía de Padre Amoedo, axardinados e portais segundo, terceiro e cuarto de acceso ás vivendas; dereita, entrando nel, rúa de nova apertura e, en parte, rampla de acceso ao garaxe e portal quinto de acceso ás vivendas; esquerda, local nº 1, de onde este se segregou, de Cooperativas de Vivendas de ENCE; e polo fondo, casas da avenida de Buenos Aires, dos irmáns Malvar González e, en parte, rampla de acceso ao garaxe e portal quinto de acceso ás vivendas. Referencia catastral: 9682006NG2998S0061LG. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 de Pontevedra, inscrición terceira de dominio do predio nº 27.213-N, folio 106 do libro 730, tomo 1.510.

2. A José Bugallo Rey, polo prezo de 9.000 euros, en cuarta poxa, o soar denominado Campo da Marea, labradío sequeiro, situado no termo municipal da Estrada, cunha superficie aproximada de 163 m2, que estrema: norte, en liña de dezaseis metros con corenta centímetros, máis terreo do mesmo vendedor; sur, en liña de dezaseis metros vinte centímetros, rúa en proxecto de sete metros de longo; leste, en liña de dez metros, rúa en proxecto de sete metros de longo; oeste, tamén en liña de dez metros, rúa en proxecto de once metros de longo. Referencia catastral: 1263908NH4216S0001OE. Inscrito no Rexistro da Propiedade da Estrada como predio nº 30.675, tomo 608, libro 493 e folio 197.

Segundo. Os pagamentos dos prezos de adxudicación efectuaranse segundo o estipulado no artigo 70.3º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei de patrimonio.

Terceiro. A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública, e serán por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, quedan a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se producisen neste procedemento de alleamento.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2013

P.D. (Orde 9.1.2012; Diario Oficial de Galicia nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda