Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2014 Páx. 1552

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se acepta a avinza entre as comunidades de montes veciñais en man común Do Navallo e O Castro, Tamicelas e Naveaus, no concello de Laza.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do día 10 de decembro de 2013, en relación coa avinza sobre lindeiros celebrada entre as comunidades de montes veciñais en man común Do Navallo e O Castro, Tamicelas e Naveaus, no concello de Laza, examinado o acordo adoptado diante do xuíz de paz, o 16 de febreiro de 2006, co informe favorable do Servizo de Montes, resolveu aceptar o citado acordo das respectivas comunidades, ordenando a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do disposto na disposición transitoria décimo cuarta da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta resolución, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 17 de decembro de 2013

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense