A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.
c) Número de expediente: PA 124/2013.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: contratación da xestión do servizo público na modalidade de concesión denominado Punto de Encontro Familiar de Ourense, por procedemento aberto e tramitación urxente.
b) Nº de lotes: 1.
c) Lugar de execución: Ourense.
d) ) Prazo de execución: desde a formalización do contrato e ata o 31 de decembro de 2014.
e) Admisión de prórroga: si.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento máximo de licitación previsto: oitenta e nove mil douscentos cincuenta e seis con vinte euros (89.256,20 €) aos cales se lle engaden dazaoito mil setecentos corenta e tres con oitenta euros (18.743,80 €) que corresponden ao IVE (21 %), polo que o importe total do expediente de gasto é de cento oito mil euros (108.000,00 €).
5. Garantías exixidas:
a) Provisoria: non.
b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Dirección Xeral de Familia e Inclusión-Subdirección Xeral de Servizos Sociais e Xestión Económica.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
d) Teléfono: 981 54 56 69-981 54 46 95.
e) Fax: 981 54 46 34.
f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista:
Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.3.3.1), documentación administrativa, sobre nº 1, prego de cláusulas administrativas.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: ata as 19.00 horas (agás os sábados, que será ata as 14.00 horas), do oitavo día natural contado a partir do día seguinte á publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia do Complexo Administrativo San Caetano, s/n.
Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar, dentro do prazo de admisión indicado, a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax
(981 54 46 34) no mesmo día.
Se a documentación se presentase en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.
2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
d) Admisión de variantes: non.
9. Apertura de ofertas:
Entidade: sala de xuntas da Dirección Xeral de Familia e Inclusión.
a) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
b) Localidade: Santiago de Compostela.
Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario:
11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20068
Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2014
P.D. (Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria general técnica da Conselleira de Traballo e Benestar