Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2014 Páx. 1541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 26 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do expediente 284/12, de reclamación de responsabilidade patrimonial.

Con data do 11 de novembro de 2013, a conselleira de Sanidade ditou resolución sobre a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por Antonio Pego Romero con data do 23 de marzo de 2012.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Antonio Pego Romero o contido da referida resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

E, como consonte o artigo 61 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, a publicación da resolución de responsabilidade patrimonial pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, esta cédula limítase á publicación, como anexo, dunha breve indicación do contido do acto e do lugar onde o interesado poderá comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do devandito acto e constancia de tal coñecemento.

Así mesmo, lémbrolle que contra a resolución que se notifica, que pon fin á vía administrativa, de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderá interpor recurso contencioso-administrativo, de acordo co que establece o artigo 14.1 regra segunda da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (modificada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual). O prazo será de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2013

P.S. (Artigo 6.1.c) do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Ramón Martínez Blanco
Vicesecretario xeral da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº expediente: 284/12.

Reclamante: Antonio Pego Romero.

DNI/NIF: 33247443-T.

Último enderezo coñecido: rúa Cruceiro da Coruña, 14, 3, A, 15705 Santiago de Compostela.

Contido da notificación: considerar que Antonio Pego Romero desiste na reclamación de responsabilidade patrimonial presentada pola asistencia sanitaria prestada á súa nai, Emilia Romero Abeijón, no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: 15 días.