Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2014 Páx. 1539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013205AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

O 20 de novembro de 2013 a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2013205AL-CO incoado a Cárnicas Narón, S.L.N.E.

Tras intentar a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo notifícaselle a Cárnicas Narón, S.L.N.E. o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderase facer no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, recadación Xunta; en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 18 de decembro de 2013

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2013205AL-CO.

Interesada: Cárnicas Narón, S.L.N.E.

DNI/NIF/CIF: B70276373.

Último enderezo coñecido: Finca Dopico, 3, 15570 Narón.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública (BOE nº 240, do 5 de outubro): artigo 57.2.c) 1º 2º. Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo): artigo 9.1, artigo 50.1.d), artigo 51.1.c), artigo 52.1.a). Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DO nº 139, do 30 de abril; rectif. DO nº 204, do 4 agosto de 2007): artigo 4.3.e), artigo 5.1. 2. a. b. c. d.e. f. g. 3. 4. a) b) c) 5.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 300 €.