Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2014 Páx. 1546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 11 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a procedencia de reintegro de axudas e subvencións ao programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 15 de xaneiro de 2009), relativa ao expediente TR341D 2009/560-2 e tres máis.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido da resolución que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 11 de decembro de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2009/560-2.

Nome: Tunde Csongradi Lorik.

DNI/NIF: X2826816R.

Último enderezo coñecido: pza. Fonte dos Ranchos, 14, 1º D, 27004 Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 16.a) da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR341D 2009/630-2.

Nome: Julio Regil Herasme Medina.

DNI/NIF: X2436937H.

Último enderezo coñecido: r/ Vázquez Seijas, 2, 3º A, 27002 Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 16.a) da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR341D 2009/1265-2.

Nome: Michele Schuber Ramos Almeida.

DNI/NIF: X9038237L.

Último enderezo coñecido: Bargado, Fazouro, 41, baixo, 27780 Foz, Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 16.a) da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR341D 2009/1266-2.